A ACGFútbol organiza a súa I Congreso de Monitores de Fútbol Base o próximo 22 de decembr

A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol organizará o vindeiro xoves 22 de decembro o seu primeiro congreso de monitores de Fútbol Basee. O acto terá lugar no edificio Cersia de Santiago de Compostela e desenvolverase en horario de tarde, entre as 16.00 e as 21.00.

O evento, dirixido polo adestrador nacional e avogado Javier Oreiro, contará con relatores que abordarán a realidade actual desde diversas perspectivas. Joaquín Dosil, psicólogo do Real Club Celta, será o encargado de abrir os relatorios con “A comunicación, a motivación e o control emocional do futbolista”. A continuación, Ezequiel Rei (expreparador físico do Arousa SC e profesor de Ciencias da Actividade Física pola Universidade de Vigo)  tomará a palabra para desenvolver a charla “Fases sensibles do adestramento en xogadores do fútbol base”. Antes dun descanso, Erik Penedo (actual preparador físico do CD Choco e expreparador físico do Santiago Futsal) impartirá a clase de “Principios do adestramento preventivo no fútbol base”.

O acto contará con outros dous relatorios antes de pór o punto e final á súa primeira edición: “A organización do xogo a través das superioridades posicionales”, a cargo de José Antonio Barcala; e “Coñecemento de primeiros auxilios para a intervención urxente nun campo de fútbol”, con taller práctico impartido por Roberto Barcala.

Proceso de inscrición

O período de inscrición atópase aberto desde hoxe, 1 de decembro do 2016, até o 15 de decembro ás 23:59:59. O procedemento é sinxelo e realízase de forma online a través do portal web da ACGF, www.acgfutbol.com. Ao peche do mesmo, a organización porase en contacto con todos os inscritos para confirmarlles a súa participación. A cota de inscrición é gratuíta.