A Asociación de Clubes Galegos de Fútbol (A.C.G.F) creouse coa finalidade de salvagardar os intereses económicos e deportivos dos clubes galegos de Terceira División e a Rexional Autonómica grupos Norte e Sur.

Dende que esta Asociación botou a andar, a participación dos clubes nas asembleas da Federación Galega de Fútbol foi crecendo e cada vez é mais importante, xa que é nelas onde se debaten os problemas que xorden nos clubes e é aí onde se toman decisións.