A sede da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol en Santiago de Compostela (Avenida San Marcos 42, baixo) acollerá este xoves 27 de decembro de 2018 o III congreso de monitores de fútbol basee que organiza a ACGFútbol coa colaboración da Deputación da Coruña. Un evento formativo que se asentou no calendario de nadal nos ultimos anos.

Os asistentes, que poderán acudir de forma gratuíta inscribíndose en comunicacion@acgfutbol.com, gozarán de tres relatorios de luxo, finalizando o acto cunha mesa redonda moderada polo xornalista de Radio MARCA Óscar Martínez.

Jose Antonio Prieto «Cata», extécnico do Naron Balompé, Mesón do Bento ou Racing Villalbés entre outros conxuntos, abrirá os relatorios ao 17.00 baixo o título «secretaria técnica profesional adaptada ao modelo de club e ao modelo de xogo». A súa experiencia en Osasuna ou Valladolid entre outros conxuntos permítenlle adquirir un prisma diferente para transmitir aos alumnos.

Unha hora máis tarde será o tempo de Óscar Gilsanz. O actual técnico do Laracha CF, antes no Racing Villalbés e Betanzos CF, abordará «a construción dun modelo defensivo», desde a súa experiencia nos bancos.

Ás 20.00 chegará o último relatorio, a cargo de Xulio Díaz. Profesor de táctica na Escola Galega de Adestradores durante moitos anos, a gran maioría de actuais adestradores pasaron polas súas mans. Un auténtico coñecedor das interioridades tácticas que trasladará a través do relatorio «conflitos, valores e formas de metodoloxía no fútbol base».