A sede da ACGFútbol en Santiago de Compostela acolleu o III congreso de monitores de fútbol basee, organizado co patrocinio da Deputación da Coruña. José A. Prieto «Cata», Óscar Gilsanz e Xulio Díaz, entre outros, impartiron durante tres horas e media as conferencias «secretaría técnica profesional adaptada ao modelo de club e ao modelo de xogo», «construción dun modelo defensivo» e «conflitos, valores e formas de metodoloxía no fútbol basee». Ao termo da mesma, tivo lugar unha mesa redonda co tres relatores e os 41 asistentes, cunha alta interacción entre ambas as partes, e moderada polo xornalista de Radio MARCA Óscar Martínez.
Entre os asistentes estiveron monitores de diferentes niveis, UEFA B, UEFA A, UEFA PRO e, mesmo, Pablo López, adxunto ao corpo técnico da selección de Angola, así como diversos técnicos galegos de 3ª División.
A ACGFútbol continúa afianzando este acto, na súa terceira edición, no calendario de eventos formativos.