Javier Oreiro, director do I congreso de Monitores de Fútbol Basee que organiza ao ACGFútbol o vindeiro xoves 22 de decembro, afirmou na presentación do acto que «expuxéronme unha iniciativa para esa xente que ten menos medios e ver materiais desas carencias que poden ter. Ante esa petición, creo que son unhas xornadas interesantes e buscamos relatoras con contido práctico pero con formación e de carácter científico, e tocar todo tipo de materias. Por exemplo: se lle pasa a un neno un problema a nivel cardiovascular, ter un taller práctico. Buscamos relatorio de carácter psicolóxico con Joaquín Dosil e tamén buscamos un relatorio a nivel técnico-táctico co director de metodoloxía como é Barcala e por último o aspecto físico con dous preparadores como son Ezequiel Rei e Erik Penedo».

Sobre o proceso de inscripcion, declarou que «todo o mundo pode inscribirse. É de carácter gratuíto. Pódese inscribir todo aquel que teña interese. Estamos no bo camiño».

En canto á localización, manifestou que se celebrará no Edificio Cersia en Santiago de Compostela polo tema xeográfico para que sexa accesible a todo o mundo».

PLATAFORMA INSCRIPCIÓN