A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol organizou esta tarde con éxito no edificio Cersia de Santiago de Compostela o seu primeiro congreso de formación de monitores de fútbol base baixo a dirección do avogado e adestrador nivel III D. Javier Oreiro.

A tarde iniciouse cun relatorio sobre a comunicación, motivación e o control emocional do jóven futbolista impartida a cargo de D. Joaquín Dosil, psicólogo do Real Club Celta. Dentro da súa explicación sobre o trato desde o punto de vista da psicoloxía, debullou os detalles da súa experiencia en moitos anos de traballo con deportistas.

A continuación, D. Ezequiel Rei impartiu a charla sobre as fases sensibles do adestramento en xogadores do fútbol basee. O expreparador físico do Arousa SC, licenciado en Ciencias da Actividade Física pola univeridad de Vigo e profesor da facultade das ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra deu luz ás diferentes etapas e formas de afrontar cada unha.

Posteriormente, chegou a quenda de Erik Penedo. Baixo o título de principios do adestramento preventivo no fútbol basee, o expreparador físico do Santiago Futsal e actual preparador físico do CD Choco falou sobre como previr lesións no traballo coas categorías inferiores.

Tras unha pequena charla, tiveron lugar as dous últimos relatorios. José Antonio Barcala, director do departamento de metodoloxía do Real Club Deportivo, relatou como afrontar a organización do xogo a través das superioridades posicionales. Para pór o punto e final, tivo lugar un taller un taller práctico sobre coñecementos de primeiros auxilios para a intervención urxente nun campo de fútbol a cargo de Roberto Barcala, doutor pola univeridad de Vigo.

Iván Crespo, vicepresidente da ACGFútbol, pechou o acto cun discurso de agradecemento tanto aos relatores como aos asistentes, que completaron a totalidade das prazas postas a disposición do público a través do procedemento de inscrición gratuíto.

jornadas02Mesa presidencial

joaquindosil05Joaquín Dosil

ezequiel03Ezequiel Rey

erikpenedo04Erik Penedo

barcala01José Antonio Barcala

robertobarcala02Roberto Barcala

taller004Taller práctico con Roberto Barcala

vicep03Iván Crespo, vicepresidente de la ACGFútbol