A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol organiza, unha tempada máis, a súa xornada de formación de fútbol base, que este ano alcanza a segunda edición. O evento, ao que están convidados todos os vosos monitores, adestradores, segundos adestradores, delegados e demais compoñentes os staff técnico de todas as categorías,  celebrarase o martes 19 de decembro entre as 17.00 e as 21.00 no edificio Cersia, en Santiago de Compostela.

Os relatores serán Luís Jiménez Bonilla, extécnico do Noia que ascendeu a Terceira División o curso pasado e actual preparador das categorías inferiores do Real Club Deportivo, Toni Cortés, director da escola de Angola, e Tito Ramallo, actual preparador do CCD Cerceda con toda unha vida de traballo no Real Club Deportivo.

Os interesados en participar poderán inscribirse desde as 17.00 do mércores 13 de decembro na páxina web da Asociación de Clubs Galegos de Futbol, acgfutbol.com.