A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol organizou esta tarde no Edificio Cersia, en Santiago de Compostela, a segunda edición do seu congreso de monitores de fútbol basee coa colaboración de Conservas Pescamar, A21 e o patrocinio da Deputación da Coruña.

O evento, dirixido por Javier Oreiro, iniciouse ás 17.00 cun relatorio dinámico de Luís Jiménez Bonilla, adestrador do RC Deportivo Cadete e membro da área de metodologia.

Con posteriorirdad, Toni Cortés explicou ao público asistente a súa experiencia como director da escola de Angola e compartiu as súas impresións, os seus diferentes puntos de vista resolvendo as dúbidas do respectable.

Para concluír Tito Ramallo, actual adestrador do CCD Cerceda con toda unha vida dedicada ao RC Deportivo, impartiu o relatorio de planificación estratéxica do adestrador ante un proxecto deportivo.